Tes tódalas pezas que fan falla? Se non o fixeches xa, comprobao antes de comezar botándolle un ollo ó listado de pezas necesarias para montar un Escornabot Luci.
Bótalle un vistazo tamén a esta explicación sobre a millor maneira de poñer un parafuso. Ten en conta que se metes torcidos os parafusos, ou os apretas demasiado forte, podes estropear as pezas. A consigna é: firme pero delicado, e sempre dereito.